[recomendado ver modo 'fullscreen'-pantalla completa] Memoria dun silencio, Xosé Luis Rivas Cruz (Mini)
Extracto do texto:
O 18 de xullo de 1936, unha conxura de militares, elementos dereitistas contrarios á República e elementos falanxistas levántanse en armas contra o goberno lexítimamente constituido. O día primeiro de outubro o xeneral Franco é nomeado xeneralísimo dos exércitos e ese día unifica oficialmente a Falanxe e o Requeté que andaban a paus entre eles. (…)
En A Coruña e en case toda a provincia o golpe de estado non trunfa ata o día 20, pero non é unha guerra civil o que aquí en Galicia acontece.
A primeiros de agosto nomean os delegados de Orden Público e comezan ós poucos días os asasinatos. A represión é planificada, programada. Limpa-la retaguardia,
eliminar a todo sopeitoso de defender á República. Os paseos e demáis desmanes non son froito do caos, son consecuencia dunha premeditación e unha organización.(…)O noso País cóbrese de cadáveres, que aparecen xeralmente nas beiras das estradas, onde todos os poidan ver para que, cheos de terror, ninguén se mova.
É en Agosto cando comeza a represión máis brutal. A mediados. Sistemática, de xeito que non escape ninguén. Salvan poucos: os que foxen para os montes ou se agachan para esperar mellores tempos. Outros, os máis decididos ou os máis desesperados, pasan a formar parte da guerrilla. (…)
En Boimorto, a mediados de agosto, partidas de facistas, principalmente falanxistas, deciden xuntar ás xentes significadas da esquerda para dar un escarmento. Segundo tódolos testimonios, fano instigados polo crego de Boimil-Andabao, D. Emilio, de quen dá un perfil axeitado o informe sobre a situación política en Boimorto feito polo Secretario do concello no ano 1931. Nunca ninguén me falou ben del. (…)
É o tempo da malla, mediados de agosto do 36. Van por algún á casa; a outros mándanlles recado de que se presenten na Gándara. A disculpa é firmar uns papeis no Concello. A maioría viste a mellor roupa, a dos domingos. Deixan o traballo e case todos din que logo volven. (…)
Desde a Gándara lévanos nun camión para Sobrado. Alí téñenos 48 horas, sen comer nin beber cunha saca de mineral de cen quilos ó lombo paseando. Logo mallan neles con saña. (…)
Posiblemente o 20 de madrugada lévanos a Santiago. Segundo apunta a memoria que quedou na xente deste concello alí dixéronlles que volvesen con eles para a casa ou que fixeran o que estimasen oportuno. Alí xa non había sitio para máis…
Na parroquia de Ortoño, na curva dos Batáns, á beira da carretera aparecen seis. Os veciños recóllenos e lévanos ó adro da igrexa nun carro do país. Alí son fotografiados un por un e inscritos con partida de defunción, numerados, coma descoñecidos. O cura, que ve que algúns levan escapularios ó pescozo, mándaos soterrar en sagrado nunha fosa común xunto cun mestre novo do que non sabemos o nome. Están no lado dereito, á beira do ángulo dianteiro da igrexa parroquial. Anos despois serán identificados pola foto e pola descripción por familiares seus.
Na memoria de Ortoño son coñecidos como “Os homiños de Boimorto.”
No Amenal fusilan seis. Cando lles dan o tiro de gracia, chegados ó corpo de José Cabanas, ensanguentado polo compañeiro, aforran a bala e Cabanas salva a vida.
Mandan vir a uns veciños para que caven unhas tumbas no monte. Nunha carballeira que alí había. Alí, á beira da carretera. Tedes seis para enterrar, dinlle a un dos que buscan para cavar. Cando chegan polos corpos só hai cinco.
Os enterradores son escollidos pola súas simpatías coa causa republicana. Así íbanlles metendo a cravuña… Dixo un veciño do Amenal hai poucos días. Cavan dúas fosas.Destes cinco do Amenal queda o nome do lugar: ” A chousa dos mortos.”
Vídeo-documento: Chousa dos mortos (Manolo Pazos)
Agradecimiento a Mini, maestro del CPI Armando Cotarelo Valledor, por su aportación a la recuperación de la memoria de los asesinados de Boimorto. Y gracias por confiarme la tarea de ofrecer el esfuerzo de tu trabajo de investigación histórica a través de este blog.
Post especialmente dedicado a la comunidad educativa del CPI Armando Cotarelo Valledor de Boimorto.
Texto online-issuu.com: issuu.com/abelgalois/docs/boimorto_-_memoria_dun_silencio
11/9/2007: Claudina Rodríguez Rial ha servido en estos días de inusual guía a un grupo de arqueólogos que buscan una fosa común en Ortoño, en la que reposan los restos de seis ediles de la Corporación de Boimorto

